Saúda do Presidente
Benvidos á páxina web da ASOCIACIÓN DE AMIGOS DOS CRUCEIROS, CRUCES DE PEDRA E PETOS DE ÁNIMAS, asociación creada no ano 2010 e que ten por obxectivos a defensa, conservación, restauración, estudo e a investigación sobre os nosos cruceiros, monumentos que constitúen unha das manifestacións máis singulares da nosa arte popular, dado o seu valor artístico, histórico e etonográfico. Integrada por un grupo de persoas de recoñecido prestixio no estudo e investigación sobre os nosos cruceiros, unha das teimas desta asociación é conquerir que estes monumentos, tan característicos de Galicia, cheguen a ser PATRIMONIO DA HUMANIDADE. Por iso, unha das primeiras tarefas nas que estamos traballando é na realización dun inventario exhaustivo de todos os cruceiros e esmoleiros existentes en Galicia, empresa para a que nos gustaría contar coa vosa colaboración.
