Xa está rematado o inventario dos cruceiros, cruces e petos de ánimas da Ribeira Sacra lucense, comarca que abrangue os concellos de Carballedo, Chantada, Monforte, Pantón, Paradela, A Pobra do Brollón, Portomarín, Quiroga, Ribas de Sil, O Saviñao, Sober e Taboada.
Este traballo de Fernando Arribas Arias foi incorporado á documentación presentada pola Xunta de Galicia ao expediente para a declaración da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade.
Gran parte deste traballo de inventario pode consultarse nas actas dos últimos CONGRESOS GALEGOS DE CRUCEIROS, evento que organiza anualmente a ASOCIACIÓN DE AMIGOS DOS CRUCEIROS, CRUCES DE PEDRA E PETOS DE ÁNIMAS, concretamente nas correspondentes aos volumes VI, VII, VIII e IX e, próximamente, tamén no X.
En total atopáronse 162 cruceiros e 34 esmoleiros, cifras que converten a esta zona nunha das máis ricas da provincia de Lugo neste tipo de monumentos, caracterizados polo seu valor etnográfico, artístico e histórico e que constitúen unha parte importante do noso patrimonio cultural galego que nos caracteriza como pobo.
En breve, o autor deste inventario ten previsto realizar a catalogación destes cruceiros, cruces e petos para a súa divulgación e posta en valor.
1 Comentario
Bos dias….Como podo conseguir a publicacion de D. Fernando Arribas Arias; CRUCEIROS, CRUCES E PETOS DE ÁNIMAS DA RIBEIRA SACRA LUCENSE: CONCELLOS DO SAVIÑAO E PORTOMARÍN, presentado no IX CongresoI GALEGO DE CRUCEIROS”. Gracias-
Añadir comentario