Desaparece a imaxe do Cruceiro Novo de Santo Isidoro de Posmarcos (A Pobra)

Desaparece a imaxe do Cruceiro Novo de Santo Isidoro de Posmarcos (A Pobra)

Lamentablemente temos que facernos eco dun novo atentado aos nosos cruceiros. Reproducimos a continuación a seguinte nova, así como tamén a imaxe realizada por Abelardo Soler Torrente, aparecida en O Barbanza, sobre un novo atentado a un cruceiro dos chamado de Capela e tan característicos desta zona:
“Segundo informa a Asociación para o Patrimonio Cultural Galego desapareceu a imaxe do Cruceiro Novo de Santo Isidoro de Posmarcos (A Pobra do Caramiñal)
Xa están en marcha as investigacións para esclarecer os feitos, e que apareza o responsable.
Unha veciña douse conta estés días do roubo da imaxe da Virxe unha figura datada entre os século XVI-XVIII. A Policía local informou á garda civil que inició as investigacións alertandose amáis á unidade de patrimonio. Todo apunta a que o roubo foi realizado por alguén da zona e que tivo lugar estés días aproveitando o confinamento.”
Máis información en: https://obarbanza.gal/2020/04/atentado-o-patrimonio-desapareceu-a-imaxe-do-cruceiro-novo-de-santo-isidoro-de-posmarcos-a-pobra/

Añadir comentario