Destrozan o cruceiro da capela de San Antón de Lugo

Destrozan o cruceiro da capela de San Antón de Lugo

Días despois do destragamento do cruceiro da capela de San Antón, na rúa Alfonso X de Lugo, os anacos aínda están tirados no chan, sen que ningunha autoridade os recolla para proceder posteriormente á restauración deste cruceiro que, se ben non é moi antigo, trátase da única obra do canteiro Paio existente no concello de Lugo. Esta asociación lamenta a desidia das autoridades con respecto ao noso patrimonio etnográfico e a súa actitude negativa cara aos nosos cruceiros. Queremos lembrar aquí aquela sentenza de Castelao sobre os que destragan un cruceiro: que a súa alma non acade nunca acougo ata el ou algún descendente seu non repare o mal que fixo, sentenza que ampliamos a todas as autoridades pola súa desidia.

Añadir comentario