Co obxecto de dar a coñecer os cruceiros chairegos, unha das manifestacións máis importantes do patrimonio etnográfico da Terra Chá, e contribuír así á posta en valor destes singulares monumentos, a ASOCIACIÓN DE AMIGOS DOS CRUCEIROS, CRUCES DE PEDRA E PETOS DE ÁNIMAS, co patrocinio da Deputación de Lugo e coa colaboración do Concello de Guitiriz, organizapara este sábado, día 8, o IX ROTEIRO POLOS CRUCEIROS DA TERRA CHÁ. Nesta ocasión visitaremos o concello de GUITIRIZ, onde realizaremos un roteiro en autocar, con algúns tramos a pé, no que veremos os seguintes cruceiros:
1.- CRUCEIRO DE SAN XOÁN DE LAGOSTELLE.
2.- CRUCEIRO DE TRASPARGA.
3. CALVARIO DE SANTA CRUZ DE PARGA.
4.- CONXUNTO DE CRUCEIROS DE BURIZ.
5.- CRUCEIROS DO ADRO DA IGREXA DE LABRADA.
6.- CONXUNTO DE CRUCEIROS DOS VILARES.
7.- CRUCEIRO DA FIRVEDA.
8.- CRUCEIRO DE RIOTORTO
9.- CRUCEIRO DE SAA.
Añadir comentario