Novo cruceiro no concello de Sober

Novo cruceiro no concello de Sober

Para o domingo 22 de setembro de 2019, está prevista a inauguración do Cruceiro de Liñarán, na parroquia do mesmo nome do concello de Sober. Se ben se trata dun obra de nova feitura, realizda por Mármores Grande, queremos destacar o feito de que en Galicia segue vivo o costume de poñer cruceiros, un dos símbolos da nosa identidade, en espazos públicos, aínda que agora prevalece o carácter ornamental sobre o devocional. Aplaudimos esta iniciativa do alcalde deste concello da Ribeira Sacra, Luis Fernández Guitián, persoa interesada na recuperación do noso patrimonio etnográfico. Neste senso temos que destacar que dous vellos esmoleiros que se atopan actualmente destragados, van ser rehabilitados e postos en valor, feito do que informaremos puntualmente.

Añadir comentario