NOVO LIBRO SOBRE CRUCEIROS

NOVO LIBRO SOBRE CRUCEIROS

Acaba de publicarse un novo libro sobre os cruceiros da provincia de Lugo, neste caso do Concello de Friol.  Esta publicación, editada co patrocinio do Concello de Friol,  recolle de xeito exhaustivo todos os cruceiros, ademais das cruces, esmoleiros e viacrucis. Consta de 224 páxinas, con fotos a cor de cada un destes monumentos e, como novidade, leva un código QR que nos permite a localización de cada elemento inventariado. O seu autor é Fernando Arribas Arias, presidente desta asociación, que leve investigando sobre estes monumentos dende o ano 1984.

www.downloadfreethemes.dev

Añadir comentario