O canteiro José Luis Ferreiro Diéguez, natural do concello de Rodeiro (Pontevedra) e discípulo de Vidal Payo, autor do cruceiro da rúa Alfonso X de Lugo que foi destragado hai uns días nun acto de gamberrismo, ofreceuse á Asociación de Amigos dos Cruceiros, Cruces de pedra e Petos de ánimas, a reparar gratuitamente esta obra do seu mestre. Esta asociación quere agradecer publicamennte este xesto de xenerosidade por parte deste canteiro da comarca do Deza, xesto que pon de manifesto tamén o respeto e admiración de Ferreiro Diéguez por Vidal Paio, de quen aprendeu a arte da cantaría.
2 Comentarios
Magnífico, el amor a nuestro patrimonio. Enhorabuena, por estos profesionales.
O Vila é un gran profesional e con este xesto de admiración ao seu mestre, quere honrar a súa memoria. Parabéns por esta iniciativa.
Añadir comentario