Os nosos compañeiros Amigos do Patrimonio de Castroverde (Lugo), que realizan unha chea de actividades, teñen previsto para este ano que comeza, entre outras cousas, a rehabilitación de varios cruceiros en Casas do Monte, Serés ou Peniñas Brancas, todos eles no concello de Castroverde. Dende a nosa asociación apoiamos esta iniciativa, co desexo de que cunda o exemplo, sobre todo nas diferentes administracións, co obxecto de poñer en valor esta parte do noso patrimonio cultural inxustamente esquecida e pouco valorada.
1 Comentario
Graciñas.
Añadir comentario