Recuperación dun cruceiro en Lugo

Recuperación dun cruceiro en Lugo

No día de onte, despois de realizar a restauración do capitel, a cruz e as efixies do cruceiro da capela de San Antón, na rúa Alfonso X o Sabio de Lugo, o canteiro Luis Vila, artífice da restauraación, procedeu a recompoñer os elementos des cruceiro. Cómpre lembrar que este cruceiro, obra de Paio, foi derrubado hai algún tempo. Por mediación da Asociación de Amigos dos Cruceros, Cruces de pedra e Petos de Ánimas e do párroco do Bon Pastor e, sobre todo, graazas á xenerosidade de Luis Vila, discípulo de Paio, que realizou todo o traballo de restauración e recolocación de xeito desinteresado, procedeuse á recuperación deste singular cruceiro.
A data de reinauguraación e de homenaxe ao canteiro Luis Vila anunciaremola oportunamente, evento ao que están convidados todas aquelas persoas amantes do noso patrimonio cultural.

Añadir comentario