Relatorio no Museo Pazo de Tor sobre os cruceiros de Monforte

Relatorio no Museo Pazo de Tor sobre os cruceiros de Monforte

Dentro dos actos organizados pola Rede Museística da Deputación de Lugo, o día 27, ás 18:00 horas, terá lugar no Museo Pazo de Tor unha conferencia a cargo de Fernando Arribas Arias, presidente da Asociación de Amigos dos Cruceiros, Cruces de pedra e Petos de Ánimas, que falará sobre Un patrimonio esquecido e pouco valorado: cruceiros, cruces e petos do concello de Monforte de Lemos.
Neste relatorio, Fernando Arribas fará fincapé na importancia destes monumentos, situándose neste concello un dos cruceiros máis singulares de Galicia, o do Campo de San Antón, así como un peto de ánimas único en Galicia, o de Tor.

Añadir comentario