RESTAURACIÓN DE CRUCEIROS NA PROVINCIA DE LUGO

RESTAURACIÓN DE CRUCEIROS NA PROVINCIA DE LUGO

Na xuntanza do Consello Territorial de Patrimonio Cultural de Lugo, dependente da Xunta de Galicia, celebrada o venres 25 de setembro de 2020, aprobouse a reparación dos cruceiros de Peniñas Brancas e de Casas do Monte, situados respectivamente nas parroquias de San Xoán de Barredo e de Santa María de Moreira, as dúas no concello lucense de Castroverde, promotor desta reparación.
Na mesma xuntanza, aprobouse tamén a restauración do chamado Cristo do Fiouco, interesante cruceiro situado no lindeiro entre os concellos da Pastoriza e Mondoñedo e que se atopa nun lamentable estado.
Tamén vai ser restaurado, por iniciativa do concello de Xermade, o cruceiro da Casavella, na parroquia de Lousada.
Dende a ASOCIACIÓN DE AMIGOS DOS CRUCEIROS, CRUCES DE PEDRA E PETOS DE ÁNIMAS alegrámonos destas restauracións, todas elas realizadas por persoal técnico e coas debidas autorizacións, que supoñen un primeiro paso para a recuperación e posta en valor destes monumentos. Agardamos que estas iniciativas sirvan de exemplo para outros concellos.

Añadir comentario