Na xuntanza do Consello Territorial do Patrimonio Cultural de Lugo do 26 de abril de 2019, foi aprobada a restauración e recolocación do Cruceiro da Castiñeira (A Rigueira) e do Cristo da Caaveira (Bretoña), os dous no concello da Pastoriza (Lugo). Estas obras de restauración e recolocación teñen como promotor ao Concello da Pastoriza, iniciativa institucional merecente dos nosos parabéns, xa que supón a recuperación e posta en valor de dous exemplos do noso Patrimonio Cultural.
Arribas Arias, F., Blanco Prado, J.M., Saavedra Pérez, M. Cruceiros, cristos e cruces da Pastoriza. Sada: Ediciós do Castro, 2002.
Añadir comentario