Fernando Arribas Arias

Presidente

Fernando Arribas Arias

Email:

Doutor en Filosfía e Antropoloxía pola USC, Licenciado en Humanidades pola Universidade de Santiago de Compostela e Diplomado en Profesorado de Educación Xeral Básica. Membro da Comisión Territorial do Patrimonio Histórico da Xunta de Galicia en Lugo en representación do Consello da Cultura Galega, traballa como Responsable de Difusión da Rede Museística Provincial de Lugo. Na actualidade é o Presidente da Asociación de Amigos dos cruceiros, cruces de pedra e petos de ánimas de Galicia.

Conferenciante e investigador, preferentemente sobre arte, cine e etnografía, é autor de diversas publicacións entre as que destacan os seus libros O cine en Lugo: 1897 – 1977: Notas para unha historia cinematográfica; O cinematógrafo nas festas de San Froilán (1898-1930), A publicidade das festas de San Froilán: programas e carteis (1877-2011), O polbo no San Froilán de Lugo, estes dous últimos en colaboración con Teresa Pena Moreda.  Colaborador habitual do Boletín do Museo Provincial de Lugo, así como de outras publicacións períódicas, comeza a súa relación co mundo dos cruceiros en 1984 como coautor do Catálogo de cruces, cruceiros e petos de ánimas do concello de Lugo. Desde 1993 (xunto con J. M. Blanco Prado e Mario Saavedra Pérez) traballa no Proxecto Carboeira que ten por obxectivo o inventariado e catalogación dos cruceiros da Terra Chá. Froito deste traballo son os libros: Cruceiros de Castro de Rei e Outeiro de Rei (1998), Cruceiros de Guitiriz (1999), Cruceiros de Begonte, Cospeito e Rábade. (2000), Cruceiros, Cristos e Cruces da Pastoriza (2002), Cruceiros, Cristos e Cruces de Xermade (2004), Cruceiros, cristos,  cruces e esmoleiros de Abadín (2007), Cruceiros, cristos e cruces de Muras (2009) e Cruceiros de Vilalba (2012).