José Manuel Blanco Prado

Secretario

José Manuel Blanco Prado

Email:

José Manuel Blanco Prado é catedrático de Filosofía no I.E.S. “Xoán Montes” de Lugo e Doutor en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Publicou os seguintes libros: “Romaxes da Terra Chá”. “Religiosidad popular en el municipio de Begonte” e, tamén, “Exvotos e Rituais nos Santuarios Lucenses”. É coautor das seguintes obras: “Cruces e Cruceiros do concello de Begonte, “Begonte: Pasado e Presente” e “ Tempos de Festa en Galicia” .

Publica contidos relacionados coa antropoloxía cultural, etnografía e a historia en diversos boletíns informativos e revistas culturais, como o Anuario de Estudios Brigantino, o Boletín do Museo Provincial de Lugo, Lucensia, Lucus, Estudios Mindonienses, Croa, Pena do Encanto, Boletín de Estudios Chairegos, Castiñeiro Milenario, Diario “O Progreso de Lugo” etc.  Desde 1993 traballa con Fernando Arribas Arias e Mario Saavedra no proxecto Carboeira, cuxa finalidade e levar a cabo unha catalogación e inventario dos cruceiros da Terra Chá. Na actualidade teñen oito libros publicados.  No ano 2004 fixo, no Mesón do Forno, a primeira exposición do Entroido na provincia de Lugo; no ano 2011, a segunda; e no ano 2013, unha nova no Museo Provincial de Lugo, e a terceira no Mesón do Forno.  Tamén colabora en revistas dixitais, como “Galicia Encantada” e “Culturas Populares”. No intre actual é coordinador de artigos e traballos da revista dixital “Etnografía”, ligada ao “Mesón do Forno”.