Juan Burgoa Fernández

Vicepresidente

Juan Burgoa Fernández

Ferrol, 1944. Capitán de Navío da Armada en situación de Retiro.

Diplomado en Estatística e Investigación Operativa polaUniversidade Complutense de Madrid 1983. Diplomado en Enxeñería Nuclear pola Xunta de Enerxía Nuclear de Madrid 1976.

Membro da Asociación de Estudos Históricos de Galicia; Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía; Foro de Amigos de Ferrol; Asociación Cultural da Costa da Morte; Asociación de Amigos dos cruceiros, cruces de pedra e petos de ánimas de Galicia.

Estudoso da Historia de Galicia, o Patrimonio Industrial, o Patrimonio Etnográfico, a arte popular e os cruceiros, desde que pasou a situación de Reserva o ano 1991. Desde entón catalogou uns 2000 cruceiros, cruces de pedra e petos de ánimas e inventariou outros 2000 dentro da Comunidade de Galicia, co arquivo fotográfico da mayoría deles.

É autor dos seguintes libros sobre cruceiros: O CRISTO DA TAHONA. Concello de Ferrol 1999; CRUCEROS DE FERROLTERRA. Embora Ferrol 2001; PERCORRIDO POLOS CRUCEIROS DA COSTA DA MORTE. Neria. Camariñas 2003; LOS CRUCEROS, EL PATRIMONIO ETNOGRÁFICO Y EL ARTE POPULAR. O Castro. Sada 2004; CRUCES, CRUCEIROS E PETOS DO CAMIÑO PORTUGUÉS. A.G.C.E. Vigo 2005 e O CRUCEIRO NA LITERATURA. Solaster. Ferrol 2008

Ademais, un centenar de traballos sobre o patrimonio cultural, os cruceiros, a arte popular de Galicia e diferentes temas históricos, publicados maiormente en revistas culturais galegas como Anuario Brigantino, Estudios Mindonienses, Cátedra (Revista Eumesa de Estudios), Revista de Neda, Nalgures (Estudios Históricos de Galicia), Cuadernos de Estudios Gallegos, Compostellanum, Museo de Pontevedra, Museo de Lugo, Rudesindus, Papeis Ártabros, FerrolAnálisis, Abrente, Ecce Homo, Arimathea, Atenea, Arte Galicia, Restauro, entre outras.