Mario Saavedra Pérez

Tesoureiro

Mario Saavedra Pérez

Email:

Mario Saavedra Pérez de Pacios en Castro de Rei é profesor de lingua inglesa, francesa, especialista en lingua castelá e galega. É autor de contos, obras de teatro, creador de revistas escolares en Tui e A Pastoriza. Dende fai tempo e coautor de libros sobre cruceiros dentro do Proxecto Carboeira: Os Cruceiros, Cristos, Cruces e Petos de Ánimas de Abadín, de Vilalba, A Pastoriza, Muras,… Fixo estudos e publicou sobre os Cruceiros de Pol, Riotorto, Alfoz,…Colabora na prensa con diversos artigos e en revistas dixitais. Participou nos seis congresos sobre cruceiros con relatos varios publicados nos seis libros de Actas. Doutro xeito está divulgando o xogo popular “ Xogos O Cadaval” por todo Galicia e colaborou na Enciclopedia “ Xogos e Enredos” e na recolección de xogos a nivel Galicia “ Tastarabás”.