XI CONGRESO GALEGO DE CRUCEIROS

XI CONGRESO GALEGO DE CRUCEIROS

Organizado pola ASOCIACIÓN DE AMIGOS DOS CRUCEIROS, CRUCES DE PEDRA E PETOS DE ÁNIMAS, e grazas á colaboración do Concello de Cangas, os día 2 e 3 de abril de 2022, celebraremos no Salón de Plenos do Concello de Cangas do Morrazo o XI CONGRESO GALEGO DE CRUCEIROS, CRUCES DE PEDRA E PETOS DE ÁNIMAS. Este congreso, do que oportunamente detallaremos o programa, vaise desenvolver segundo as seguintes bases:

1.- Os relatorios presentados deben ser inéditos e deberán axustarse ao tema do congreso.

2.- A extensión dos mesmos non superará os 20 folios (DIN-A 4, con tipo de letra Times New Roman, tamaño 12) fotografías incluídas, cuxa resolución mínima será dun mega. Deberán ser entregados para a súa publicación nas correspondentes actas do congreso no prazo estipulado, en formato aberto e coas fotos adxuntas, non incluídas no texto. Non se admitirán traballos que non cumpran estas características.

3.- As intervencións consistirán nun resumo do relatorio e non durará, en principio, máis de 15 minutos, tempo que poderá verse reducido ou ampliado dependendo do número de relatorios presentados. En cada intervención haberá un membro da Xunta Directiva da asociación que fará as veces de presentador e será tamén o encargado de controlar o tempo da exposición.

4.- Este XI congreso vaise desenvolver segundo o seguinte calendario:

  • Día 13 de marzo: data límite para a recepción do título do relatorio.

  • Día 19 de marzo: data límite para a elaboración do programa.

  • Día 21 de marzo: data límite para a confirmación de asistencia ao congreso.

  • Días 2 e 3 de abril: celebración do XI Congreso Galego de cruceiros, cruces e esmoleiros de Galicia.

  • Día 1 de maio: último día de entrega do relatorio para a súa publicación.

5.- O correo de contacto é: amigosdoscruceiros@gmail.com

6.- Calquera outro aspecto deste congreso non contemplado nestas normas, será resolto pola Xunta Directiva da Asociación de Amigos dos Cruceiros, Cruces de Pedra e Petos de Ánimas de Galicia.

Añadir comentario